Procurar

Enquisa

O novo decreto de transporte abre a porta a que as Ambulancias medicalizadas leven un so técnico de transporte Sanitario. Que che parece esta medida?
 

Novas CIG Saúde

O 28 de Xaneiro de 2010  celebrouse nas Oficinas de Conxo Reunión entre o Comité de Empresa e a Dirección do 061. Este é o resumo que vos ofrecemos da reunión.

 

O Director informa que no padroado celebrado o 23 de Decembro de 2009 aprobáronse as contas do ano 2009 e o presuposto para o ano 2010, tamén se aprobaron 4 prazas de médicos asistencias para Lugo, Ourense, Santiago e Vigo/Mos. Estas prazas eran as necesarias para cadrar as horas estruturais  co cadro de persoal do servizo. As prazas aínda teñen que ser ratificadas polo Sergas. Unha vez aprobadas polo Sergas xeraran 4 interinidades en praza vacante, mentres tanto serán cubertas por acumulo de tarefas.

O Director informa do peche do organigrama coas incorporacións de Dna. Teresa Cartelle Pérez como Responsable de Calidade e José Manuel Aguilera Luque como Coordinador de Enfermería.

Preguntamos cales serán as función do coordinador de enfermería. A Directora Asistencial informa que son:

- Organización da enfermería Asistencial e de Consulta encanto a procedementos e comisión.

- Formará parte da comisión de transporte.

- Non terá competencias en temas laborais.

Está solicitado un novo código orzamentario para esta praza equivalente a  Supervisor de Área Funcional (S-B-02  32.678,19 euros brutos ano)

Preguntamos de que forma ocupará a Dra. Cartelle a responsabilidade de calidade. Informan que nunha Orde de Servizos Interna, polo tanto non xera ningunha vacante na central. As súas quendas cubriranse con un acumulo de tarefas.

Xa dentro da orde do día  o director presenta o primeiro borrador de plan funcional de esta dirección. Preséntao como un plan de mínimos do  que non quere dilatar a súa aprobación, intentando cerrarlo nesta mesma reunión. O conxunto de forzas sindicais rexeitan o peche do plan nesta reunión por falta de tempo para estudar o borrador que foi enviado por correo electrónico a menos de 24 horas de se celebrar a reunión. Marcase un calendario: 4 de febreiro para presentar alegación, 8 de febreiro para celebrar reunión para pechar o plan.

A dirección presenta o novo proxecto de reforma da central para climatización da sala de coordinación e sala de servidores e para o acondicionamento acústico da sala de coordinación. O proxecto xa está visado. Agora empeza o proceso de contratación da execución. Unha vez contratado, o prazo de execución estimado polo arquitecto é de 2 meses, e sería necesario o traslado provisorio do persoal da central a sala da gripe  A.

En canto a nova base de A Coruña falta a licenza do garaxe da ambulancia.

A dirección informa que se solicitou a Función Publica a creación do código orzamentario da posto de traballo de DUE de  Consulta (prazas 902), así mesmo se solicitou ao Sergas a creación das prazas de médico coordinador (902) aprobadas polo padreado e que con anterioridade foran rexeitadas. Isto supón a reactivación de estas prazas xa que na anterior reunión se nos informaba que foran denegadas.

A Cig-Saúde pregunta polos plans da nova dirección en relación a transformar en definitivos tódolos nomeamentos de xefatura provisorios expedidos na estaturización. A Dirección di que dada a importancia do tema comprometese a incluílo na orde do día da próxima reunión e presentar un cronograma.

O director de coordinación, a una pregunta nosa, informa que os médicos coordinadores teñen calendario ate o 28 de febreiro, e que ten intención de antes de ese día presentar o calendario do resto do ano.

Solicitamos o reconto de horas dos anos 2008 e 2009 de todo o persoal sanitario.

Un recente recurso de alzada presentado por un traballador sobre os nomeamentos dálle a razón ao comité ao dicir que debe ser a dirección do 061 o que expida ese nomeamento. A dirección do 061 di que non é un tema claro e non sabe en que condición pode expedir eses nomeamentos. (Este tema foi exposto polo delegado da Base de Lugo, ao Cesar o que é do Cesár)

A CIG-Saúde roga que se formalice a elaboración e aprobación de actas de estas reunións xa que suporá unha mellora no funcionamento  do dialogo. Rogamos que se leve ao día a elaboración das actas e que cando se queiran aprobar se poña no orde do día e sexan remitidas con anterioridade para alegacións, U.G.T. subscribe este rogo.

A Cig-Saúde preguntou como ía o anunciado (na última reunión) cambio xeral da figura dos Xefes de Sala e Xefe de Garda de Coordinación. Si xa se definiran os obxectivos e medidores da actividade deste posto como tamén se anunciara. A resposta e que aínda nono fixeran. Tamén preguntamos se seguíanse a facer quendas de Xefe de Garda, ao que contestaron que si, polo que volvemos reiterar a petición de que nos pasen por escrito a retribución do posto de Xefe de Garda ao non atoparse fixada na orde nóminas, así como coñecer cales son as  funcións ao non estar definidas.