Procurar

Enquisa

O novo decreto de transporte abre a porta a que as Ambulancias medicalizadas leven un so técnico de transporte Sanitario. Que che parece esta medida?
 

Novas CIG Saúde

A Orde do 8 de novembro de 2007 pola que se regula o procedemento de integración do persoal da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, establecía no seu artigo 4 que  “coa resolución da integración a xerencia expedirá o nomeamento estatutario en que se detallará a categoría e o destino dos profesionais, co carácter definitivo ou provisional, segundo corresponda.

En xuño de 2008 expídense as resolucións da integración ao persoal do 061, mais a día de hoxe nadie do persoal integrado ten o nomeamento como persoal estatutario, polo que a CIG-Saúde iniciou fai meses o proceso para solicitar formalmente este documento e ante  as negativas e o silencio da administración acudimos ao xulgado a reclamar o que é noso.