Procurar

Enquisa

O novo decreto de transporte abre a porta a que as Ambulancias medicalizadas leven un so técnico de transporte Sanitario. Que che parece esta medida?
 

Novas CIG Saúde

O pasado 16 de febreiro de 2015 celebrouse unha reunión entre os delegado de persoal e o equipo directivo co seguinte orde do día::

  1. Lectura e aprobación do acta anterior
  2. Análise da ubicación das dependencias administrativas e da Central de Coordinación da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061
  3. Repercusión na nómina dos gastos de manutención
  4. Rogos e preguntas.

Este é o resumo que vos facemos da reunión:

Lectura e aprobación do acta anterior.

Aprobase.

Análise da ubicación das dependencias administrativas e da Central de Coordinación da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia.

O director informa que:

  • O edificio que a AXEGA (112) esta construíndo en A Estrada ten prevista a finalización da obra civil en Marzo de este ano.
  • Neste momento a AXEGA esta licitando o equipamento tecnolóxico.
  • Están pendentes as acometidas eléctricas e de comunicacións.
  • As previsión que ten a AXEGA é que o centro empece a funcionar como central do 112 en modo probas no primeiro trimestre de 2016.
  • Non hai ningún previsión de traslado do 061. A dirección ten falado coa conselleira de sanidade e co xerente do Servizo Galego de Saúde o asunto do traslado do 061, e ningún dos dous di saber nada do traslado do 061.
  • 061 ten trasladado á consellería de sanidade e ao servizo galego de saúde que si se decidise o traslado necesitarían 8 meses para facelo con garantías así como da importante inversión que suporía. 

As impresións do director sobre este tema son:

  • Que se vaia o 112 a A Estrada non implica que se vai o 061.
  • Si finalmente hai orde de trasladarse xunto co 112 terá que ser nunhas condicións.
  • Non hai ningunha comunicación oficial de traslado.
  • A única xestión que fixo o 061 foi expoñer as súas necesidades en canto a espazo cando se lle presentou o proxecto construtivo. Tamén se rexeitou a posibilidade de compartir persoal teleoperador co 112.  De esta xestión a AXEGA modifico o proxecto para dotar dun terceiro andar acorde coas necesidades expresadas polo 061.
  • No Consello de Goberno da Xunta de Galiza do  12/02/2015  presentouse o informe de actividade do 061 no ano 2014 e non houbo ningunha referencia ao traslado.

A CIG-Saúde na súa rolda de intervención expón a súa postura:

Non se entende que se non hai previsión de traslado, o Conselleiro de Vicepresidencia faga continuas referencias na prensa ao traslado do 112 e 061 ao novo edificio.

Que cos datos que temos o traslado non suporá ningunha mellora na asistencia aos usuarios do 061, nin unha  mellora da eficiencia na xestión dos recursos públicos, polo que de producirse o traslado sería con unha xustificación arbitraria.

Xa que tanto dirección como xunta de persoal non somos partidarios do traslado propoñemos xuntar as nosas forzas para evitalo, por exemplo poñendo por escrito a dimisión do equipo directivo e xunta de persoal si se produce o traslado. O director di que si se produce o traslado el tomará as súas decisións a titulo persoal pero nada máis.

Comentamos que o silencio da Conselleira de Sanidade non é nada alentadora, xa que para ela é a opción máis vantaxosa xa que non se enfronta co vicepresidente nin cos traballadores do 061. A CIG –Saúde considera que é necesario que a Conselleira de Sanidade se pronuncie a este respecto.

O Director informa que a raíz de este tema pódese aproveitar para negociar os itinerarios profesionais. Os contactos mantidos coa conselleira de sanidade e co xerente do Servizo Galego de Saúde son positivos a este respecto. 

O Director pide da xunta de persoal unha proposta de cal sería o modelo de itinerario que preferirían os profesionais do 061.

Repercusión na nómina dos gastos de manutención

A directora de xestión informa da normativa estatal que obriga a reflectir en nómina tódolos pagos en especie e a obrigatoriedade de cotización a Seguridade Social por eles, así como de facer retencións a conta do IRPF si se supera o importe exento na normativa (9 euros día).

No caso da cotización a Seguridade Social moitos profesionais nono notarán ao estar no grupo mais alto de cotización. En canto ao IRPF si se notará nos termos establecidos na lexislación estatal.

Dende a base de Ferrol propoñen que o persoal que non queira usar o servizo de comida ofrecido pola empresa cobre en liquido os importe da manutención.

A directora de xestión informa que non esta nos plan do 061 e que o pago da manutención esta ligado coas quendas acumuladas e que debería pasar polo padroado. Este é un tema moi complicado que cree que é mellor non cambiar.

A CIG-Saúde preguntamos cal sería o importe que a empresa pagaría en líquido para que os traballadores poidan decidir que modelo lle gusta mais.

Rogos e preguntas.

Preguntase polos nomeamentos. A dirección informa que nono expide por que entende que el non ten o mandato legal para poder firmalos.

Preguntamos polo estado do último proceso de estaturización, xa que o día 18 remata o prazo da administración para contestar as solicitudes. A directora de xestión informa que non sabe nada sobre o estado da tramitación destas solicitudes.

A CIG-Saúde volve denunciar o grave incumprimento da dirección do 061 con respecto ao plan de formación do persoal sanitario. Dos 4 cursos anunciados para o 2104 solo se celebrou 1, tampouco se ten firmado o convenio coa EGAP para que o persoal non sanitario poda acceder  a determinados cursos impartidos por este organismo, tampouco se sabe si o plan terá continuidade ou foi un oferta puntual de cursos.

A directora de xestión informa que o curso previsto para outubro de 2014 aprazado polo mal tempo celebrarase nos próximos meses.  Para os outros dous cursos do plan non ten ningunha solución.

A dirección ofrecese a considerar o pagamento de formación realizada polo traballador sempre que o solicite cumprindo o procedemento colgado na intranet.

A CIG-Saúde pregunta pola aplicación do permiso por enfermidade grave dun familiar xa que nalgunhas xerencias do Servizo Galego de Saúde o permiso concedese coa totalidade de días contemplados na lexislación independentemente dos días  ingreso hospitalario. A xerencia non é partidaria de cambiar os criterios que ten e opina que este tema debe ser tratado como un punto do orde do día noutra reunión.

En canto a permisos a Directora Asistencial informa que os permisos denegados na base de Ferrol para  asistencias a citas médicas foron todos os pedidos en días nos que o persoal non tiña quendas.

Unha OO.SS. pregunta polos calendarios da central. O director pide desculpas por non poder cumprir os compromisos do plan funcional sobre este respecto, expresa que cos recursos cos que conta non son capaces de elaborar os calendarios en menos de dous meses despois do sorteo de vacacións e que o sorteo este ano retrasouse pola entrada en vigor das listas de contratación. O director da fundación informa que tomará medidas pero non explica cales.

A  CIG-Saúde volve preguntar pola aplicación do teletraballo e a xornada flexible sen estar condicionada a ter menores de 12 ou maiores dependentes. A Dirección informa que para o tele traballo non teñen autorización do Servizo Galego de Saúde, pero si están mirando o da xornada flexible.

A CIG-Saúde informa da súa intención de pedir que a Mesa Sectorial delimite que competencias ten o 061 para a súa autoxestión e que temas deben pasar pola Mesa Sectorial, xa que en moitos asuntos os temas rebotan de mesa ao 061 unha e outra vez sen obter solución aos problemas.

A CIG-Saúde pregunta si a dirección estaría disposta a acudir a unha reunión coas centrais sindicais para definir a posibilidade de que a mobilidade interna do persoal DUE sexa definitiva. A dirección acepta.

A CIG-Saúde pregunta porque para cubrir o exceso de horas polo asunto do évola nalgunhas bases se contratou un reforzo e noutras se ofertou aos propios traballadores. A dirección informa que iso non se fixo.