Procurar

Enquisa

O novo decreto de transporte abre a porta a que as Ambulancias medicalizadas leven un so técnico de transporte Sanitario. Que che parece esta medida?
 

Novas CIG Saúde

 

Ao final da reunión da Mesa Sectorial de onte, 12 de Decembro de 2013, a Consellería de Sanidade entregou, para que as organizacións sindicais formulen as súas alegacións, ata o vindeiro xoves 19 de decembro:

1) Borrador de Orde da Consellería de Sanidade pola que se convoca o quinto procedemento de integración voluntaria no réxime estatutario para o persoal funcionario e laboral dos hospitais dependentes do Servizo Galego de Saúde.

2) Borrador de Orde da Consellería de Sanidade pola que se convoca un novo procedemento para a integración voluntaria no réxime estatutario de determinado persoal laboral fixo de entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade.

O borrador para as fundacións recolle:

No presente procedemento de integración aplicaranse os requisitos, procedemento, táboas de homologación e demais regulación contida na Orde do 8 de novembro de 2007 pola que se regula o procedemento de integración do persoal da Fundación Pública de Urxencias Sanitarias de Galicia-061  (DOG do 20 de novembro).

Haberá un mes para presentar as solicitudes dende a públicación da orde, e a administración terá 3 meses para resolvelas.