Procurar

Enquisa

O novo decreto de transporte abre a porta a que as Ambulancias medicalizadas leven un so técnico de transporte Sanitario. Que che parece esta medida?
 

Novas CIG Saúde

Na Mesa Sectorial do venres 22 de novembro de 2013, o SERGAS presentou a súa proposta de Oferta de Emprego Público, consistente en ofertar un total de (atención!) 165 prazas totais (resultado de aplicar o 10% da taxa de reposición ás 1649 vacantes xeradas desde novembro de 2011). Estas 165 prazas totais ofertaríanse a dúas categorías: 40 para Médic@s de Familia e o resto, 125 á categoría de Enfermaría Xeralista (non especialidades). E aí está a proposta. A proposta da miseria.

Desde CIG-Saúde rexeitamos de cheo esta trapallada, exiximos unha vez máis a eliminación de toda taxa de reposición e a convocatoria de OPE e Traslados para todas as categorías e co 100% das prazas vacantes

Nesta reunión tamén nos presentaron a proposta de convocatoria e prazas a ofertar a traslados. Polo momento só para categorías de licenciad@s e diplomad@s sanitari@s e persoal sanitario de Formación Profesional. As outras categorías irán despois, segundo o SERGAS. Este é o cadro de prazas que nos propuxeron, onde non se recollen o 100% das vacantes, pero que dá conta de cantas prazas deixan de convocarse a OPE, é dicir, de canto emprego deixa de estabilizarse (e iso sen contar todos os postos que están cubertos por contratos como acumulacións de tarefas ou servizos determinados). En canto ao 061, entran no concurso de traslados 8 prazas de DUE.

Xa está ben de tomarnos o pelo, de desmantelar a Sanidade Pública, de seguir permitindo a precariedade laboral. Esta "oferta" de OPE non é outra cousa que unha razón máis para mobilizarnos, para participar na folga xeral convocada para os vindeiros días 9 e 10 de decembro.

Participa!

Por unha OPE co 100% das prazas e categorías!

Por unha Sanidade Pública, Universal e Gratuíta!

9 e 10 de decembro, FOLGA XERAL na Sanidade Pública!