Procurar

Enquisa

O novo decreto de transporte abre a porta a que as Ambulancias medicalizadas leven un so técnico de transporte Sanitario. Que che parece esta medida?
 

Novas CIG Saúde

O pasado 15 de Outubro de 2013 celebrouse reunión ordinaria do Comité de Seguridade e Saúde da Area Saniataria de Santiago do 061 coa seguinte orde do día:

1. Lectura e aprobación de actas anteriores.

2. Seguimento da Planificación da prevención 2013.

3. Informe medidas de seguridade en ambulancias medicalizadas

4. Rogos e preguntas.

Este é o resumo que vos ofrecemos da xuntanza:

Lectura e aprobación de actas anteriores.

Aprobase por unanimidade a acta da reunión do 21 de xuño de 2013.

Seguimento da Planificación da Prevención 2013.

CIG-Saúde pregunta se esta feita a avaliación de riscos do centro de traballo do 061 en A Coruña – AM750. A empresa contesta que si esta feita.  O delgado de prevención da Área Sanitaria de A Coruña comunicou aos delegados de Santiago deficiencias debidas a mal illamento das ventás, correntes de aire, frío e uso de radiadores eléctricos por falta de calefacción.

CIG-Saúde pregunta si xa se asignaron recursos económicos, responsables e previsión de datas de realización das accións correctoras requiridas na planificación da prevención. A empresa resposta que non. Os representantes dos traballadores insisten en que é fundamental para que a planificación sexa útil.

CIG-Saúde pregunta que accións correctoras das previstas na planificación se realizaron. A Empresa informa que so as referentes a sinalización na central de coordinación, tamén esta prevista a conexión á rede de gas natural da Base de Santiago e o cambio da caldeira co que non será necesario acometer as accións correctoras propostas sobre o depósito de gasoil e a caldeira de calefacción e AQS. Esta en proceso de contratación o servizo de vixilancia da saúde deste ano.

CIG-Saúde pregunta que accións se realizaron do plan de formación. A empresa resposta que ningunha.

CIG-Saúde pregunta polo curso práctico de extinción de incendios que solicitaran na anterior xuntanza. A empresa resposta que non ten novidades sobre o tema.

CIG-Saúde pregunta que accións se realizaron do plan de información. A empresa resposta que ningunha.

Informe medidas de seguirdade en ambulancias medicalizadas.

O real decreto 836/2012, do 25 de maio, polo que se establecen as características técnicas, o equipamento sanitario e a dotación de persoal dos vehículos de transporte sanitario por estrada será de aplicación aos novos vehículos dende xuño de 2014 e para vehículos existentes dende xuño de 2017.

O real decreto 836/2012, do 25 de maio indica que as ambulancias deberán cumprir as condicións que especificamente se sinalan na norma UNE-EN 1789:2007 + A1: 2010.

A Dirección Asistencial está desenrolando un documento de características técnicas para as ambulancias que prestan servizo para o 061, que en todo caso incluirá o previsto no real decreto 836/2012, do 25 de maio.

CIG-Saúde solicita que este documento sexa remitido aos delegados de prevención antes da súa aprobación ao tratar temas de seguridade e saúde dun lugar de traballo.

Rogos e preguntas.

CIG-Saúde pregunta polo reclamación ao seguro dos obxectos persoais que os traballadores perderon no incendio da base da AM740. Expón que os traballadores non obtiveron resposta nin da empresa nin das compañías de seguros e que empezan a dubidar da existencia dun seguro que cubra este tipo de incidentes. A empresa informa que o 061 ten contratado un seguro coa compañía AXA, ademais o SERGAS ten un seguro  contratado con MAPFRE. A empresa informa que o 061 reclamou a AXA os danos dos obxectos inventariados do 061, os uniformes e os obxectos persoais dos traballadores. AXA contestou afirmativamente a cobertura dos obxectos inventariados do 061 pero non aos uniforme e aos obxectos persoais dos empregados. A empresa esta á espera da resposta de MAPFRE para volver reclamar os uniformes e os obxectos persoais dos traballadores.

CIG-Saúde pregunta si se enviou o recordatorio para que se rexistren como accidentes laborais os incidentes causados por exposición ocupacional a patóxenos de transmisión por fluídos biolóxicos. A empresa resposta que non