Procurar

Enquisa

O novo decreto de transporte abre a porta a que as Ambulancias medicalizadas leven un so técnico de transporte Sanitario. Que che parece esta medida?
 

Novas CIG Saúde

En relación ao Regulamento do acceso á Formación interna do Persoal Sanitario da Fundación que foi comunicado por correo electrónico o pasado venres, 09 de Novembro de 2012, a CIG-Saúde quere informa do seguinte:

Na reunión do  22 de Marzo de 2012 entre a Dirección do 061 e a xunta de persoal de Santiago de Compostela e os representantes dos traballadores do resto de areas sanitaria, a dirección comunica que vai elaborar un novo regulamento de acceso a formación do persoal sanitario.

O día seguinte, 23 de Marzo de 2012, a Dirección do 061 envía unha posposta aos representantes dos traballadores.

Unha vez analizada a proposta a CIG-saúde envía as súas alegacións o dia 28 de Marzo de 2012. Dende ese día e ata o 9 de novembro non se produce nin reunión coa dirección nin resposta as alegacións presentadas pola Cig-saúde.

Si ben o regulamento definitivo reflicte moitas das alegacións presentadas por cig-saude, queremos lamentar que non se producira unha reunión final para pactar un regulamento entre as partes. É dicir, o regulamento non está pactado coa xunta de persoal.

En canto o contido do regulamento, entre outras cousas, non podemos estar de acordo co criterio de compromiso no que se puntúa  “unha disposición para actividades de interese da Fundación fora das tarefas inherentes ao seu posto de traballo” xa que nos parece un criterio non cuantificable obxectivamente e unha moeda de cambio entre o acceso a formación e submisión e docilidade do traballador.

CIG-Saúde – Sección Sindical 061