Procurar

Enquisa

O novo decreto de transporte abre a porta a que as Ambulancias medicalizadas leven un so técnico de transporte Sanitario. Que che parece esta medida?
 

Novas CIG Saúde

O pasado día 30 de Xaneiro constituíuse a Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Santiago no 061, saída das eleccións do pasado 19 de Xaneiro. Nesta primeira reunión aprobouse o regulamento interno da Xunta, quedando adiada a elección dos órganos unipersoais (presidente e secretario) para unha xuntanza a celebrar hoxe, día 8 de febreiro.

Na xuntanza de hoxe procedeuse a elección dos órganos unipersoais da Xunta de Persoal: O Presidente e o Secretario. A CIG-Saúde como forza máis votada nas pasada eleccións do 19 de Xaneiro presentou a Mario Otero Díaz como candidato a Presidencia, CC.OO. tamén presentou candidatura á presidencia na persoa de Jorge Puente Hernández. Procedeuse a realizar unha votación onde o candidato de CC.OO. obtivo 3 votos e o da CIG-Saúde 2 votos. Sendo nomeado Presidente da Xunta de Persoal Jorge Puente Hernández. Unha vez máis CC.OO. e CEMS alíanse para cambiar a vontade da maioría dos traballadores e traballadoras arrebatando a Presidencia da Xunta a forza sindical máis votada.

 Para o cargo de Secretario da Xunta de Presoal soamente se presentou a candidatura de Jorge Somoza Digón, representante de CC.OO., resultando elixido como tal.

Aproveitamos a nosa presenza nas oficinas de Conxo para manter unha primeira reunión de presentación e toma de contacto cao dirección, coa que quedamos en manter o máis pronto posible unha xuntanza de traballo para abordar os temas pendentes e os novos que xurdan nestes días.