Procurar

Enquisa

O novo decreto de transporte abre a porta a que as Ambulancias medicalizadas leven un so técnico de transporte Sanitario. Que che parece esta medida?
 

Novas CIG Saúde

O pasado 26 de Outubro de 2011 celebrouse reunión ordinaria do Comité de Seguridade e Saúde coa seguinte orde do día:

1.Lectura e aprobación de actas anteriores.

2. B.I.E. - Base de A Coruña AM740

3. Avaliacións de riscos

4. Sitio web de colaboración para o CSS

5. Rogos e preguntas.

Este é o resumo que vos ofrecemos da xuntanza:

Lectura e aprobación de actas anteriores.

Procedese á lectura da acta da reunión do 6 de Xuño de 2011, e apróbase por unanimidade.

B.I.E. - Base de A Coruña AM740

0 día 30 de Agosto de 2011 recibiuse unha queixa dun traballador da base de A Coruña AM740 sobre o peche do subministro de auga nas Bocas de Incendios Equipadas (B.I.E.) da base. O día 31 de Agosto de 2011 ponse en coñecemento, mediante correo electrónico, do Equipo Directivo de Fundación do Xefe de Base e de tódolos membros do Comité de Seguridade e Saúde, solicitando unha aclaración sobre este tema. A día de hoxe aínda non se recibiu aclaración ou explicación ningunha sobre o corte da auga nas B.I.E. O Servizo de Prevención Alleo (SPA) dí que non é obrigatorio a non ser que este no proxecto de construción. O proxecto da base era do Sergas e pediuse unha copia do proxecto ao Sergas para comprobar este punto.

Manifestamos que sen saber si esta ou non no proxecto non vemos lóxico cortar o auga.

Avaliacións de riscos

En agosto forón entregadas as avaliacións de riscos realizadas polo SPA durante o primeiro semestre de 2011. A información esta a disposición dos membros do comité.

Preguntamos pola iluminación das escaleiras da Base da A Coruña AM750, tema xa tratado na última reunión e reflexado na propia avaliación de riscos. Informannos que esta solicitado o detector de movemento para accender automaticamente as luces da escaleira.

Sitio web de colaboración para o CSS

Na xuntanza do CSS de outubro de 2009 acordouse solicitar a Dirección a creación dunha sección na intranet ou cartafol compartido con acceso, como mínimo, para os membros do comité de CSS onde se poida consultar toda a documentación sobre prevención de riscos laborais sen ter que desprazarse fisicamente aos centros de traballo, esta documentación incluiría como mínimo a referida nos artigos 18 e 23 Lei de Prevención de Risco Laborais. Este acordo púxose en coñecemento da Dirección mediante escrito de 18 de Outubro de 2009 con rexistro de entrada 744. Nunca houbo resposta a esta solicitude.

Aproveitando a posta en marcha da nova intranet do 061 e os sitios web de colaboración volveuse realizar a petición mediante correo electrónico o 24 de outubro de 2011.

Rogos e preguntas

Informamos que tal e como se quedou na ultima reunión solicitouse por escrito a dirección da fundación, as fichas técnicas dos monos de voo e tapón auditivos pero aínda non se obtivo resposta por parte da dirección.

Preguntamos polo estado do subministro de novas Cadeiras na central para substituír ás que están rotas. Informan que se puxéron onte.

Informamos que no Servizo de Sistemas e Tecnoloxía da información existen algunhas cadeiras que necesitan ser cambiadas.

Informamos que as reformas da instalacións central que estaban pendentes empezarán o día 2 de novembro, solicitouse ao director de coordinación unha copia do proxecto definitivo

Solicitamos que se revise a climatización nas dependencias do Servizo de Sistemas e Tecnoloxía da Información e preguntamos que sistema esta previsto instalar nas obras que comezan o 2 de novembro.

David Ferreira informa que na Central de Coordinación a porta do 112 abre cara ao pasillo e ten provocado situacións de risco para traballadores do 061.