Procurar

Enquisa

O novo decreto de transporte abre a porta a que as Ambulancias medicalizadas leven un so técnico de transporte Sanitario. Que che parece esta medida?
 

Novas CIG Saúde

O pasado 6 de xuño de 2011 celebrouse reunión ordinaria do Comité de Seguridade é Saúde coa seguinte orde do día:

 1. Lectura e aprobación de actas anteriores.

2. Base e ambulancia AM750.

3. E.P.I.: uniformes, cascos e monos de vo, botas de seguridade.

4. Base e ambulancia Ourense.

 5. Base Santiago: pozo negro.

6. Sala de Coordinación: climatización e limpeza de equipos

7. Rogos e preguntas.

Este é o resumo que vos ofrecemos da xuntanza:

Lectura e aprobación de actas anteriores. 

Procedese a lectura da acta da reunión do 4 de Febreiro  de 2011, e apróbase por unanimidade.

Base e ambulancia AM750.

Recibiuse unha queixa sobre a deficiente  iluminación nas escadas da base da AM750. Xa que escadas son usadas frecuentemente e en situación de presa, estanse a producir incidentes que poderían chegar a accidentes graves de non arranxarse o problema de iluminación.

O servizo de prevención alleo SPA (FREMAP) expón que os puntos de luz que son deficientes non son do 061 hai que pedirllo á Delegación provincial. Esta na avaliación un detector de presenza para acender a luz do pasillo no baixo e mellorar a iluminación na terceira planta.

Tamén recibimos unha queixa que na AM750 a neveira e o quenta soros no van fixados á estrutura de la propia ambulancia, os caixóns non teñen peche de seguridade e en freadas bruscas ábrense.

Quedase en informar ao Xefe de Base. 

E.P.I.: uniformes, cascos e monos de vo, botas de seguridade.

Recibíronse queixas sobre elementos de protección individual relacionadas coa uniformidade e material de seguridade:

Falta de casco de voo. A dirección di que non é  un EPI obrigatorio e que a dirección acometerá cando poida asumir o alto custe.

Os cascos de comunicacións cumpren a normativa segundo a avaliacións feita polo SPA, e os tapóns auditivos tamén. 

Falta de botas de seguridade. 

Falta de traxe de auga. Xa entregado.

A dirección di que a falla de botas solo pasa no persoal eventual, nos alegamos que  o persoal eventual ténselle que facilitar tamén EPIs. Os representantes da empresa din que buscarán unha solución. 

As prendas actuais teñen superado o número de lavados que reflexa a súa ficha técnica, e aínda non se ten noticias sobre o concurso para o aprovisionamento de nova roupa, do que se enviara por parte da dirección o borrador  técnico o 20 de agosto de 2010 para posibles alegacións.  Tamén na reunión do Comité de Seguridade e Saúde do 4 de Febreiro comentábase por parte da dirección que sairía publicado de forma inmediata, así como a compra de algunhas pezas para saír do paso ate a chegada nas novas prendas. 

Os representantes da empresa non teñen novas sobre este tema.

Solicitase a ficha técnica do monos de voó. O SPA expón que o número de lavados non debería afectar as súas características ignífugas polo tipo de tecido que se elixiu no seu día.

Base e ambulancia Ourense.

Recibiuse unha queixa sobre  a posición do asento do DUE na ambulancia de Ourense.  O tema foi tratado nas reunión da base de Ourense e incluso están ao corrente a Dirección Asistencial e Xerente, xa que nesta ambulancia, os DUEs teñen que ir de pé para calquera cousa que lle fan ao paciente, xa que o asento está lonxe do paciente. A solución que se lles dou aos traballadores é que cada vez que fagan algo, que se pare a ambulancia para facelo, pero iso non é viable en moitas ocasións. Parece que para futuros carrozados de AM vaise ter en conta a colocación de dito asento.

Os representantes da empresa expoñen que se esta falando con carroceiro para engadir un mecanismo que permite mover o asento. Está en fase de homologación o compromiso é que unha vez homologado se instalará na ambulancia.

Recibiuse unha queixa sobre o servizo de comida da base de H4, por produtos  en posible mal estado.  Os representantes da empresa expoñen que se está avaliando  o cambio a outra empresa.

Base Santiago: pozo negro.

Recibiuse unha queixa da base de Santiago na que levan reclamando desde hai moito tempo a instalación de fosa séptica. Teñen un pozo negro, sempre cheo e vertendo a superficie na parte de atrás de base. Os cheiros fanse insoportables nos días de calor. Este asunto xa foi reclamado a través do Xefe de Base e cos procedementos internos a Dirección Asistencial.

O SPA informa que a solución sería poñer un sistema de bombeo a rede de augas residuais, outra solución sería contratar o baleirado periódico. A fosa séptica sería peor solución porque filtran ao entorno e non se obtería permiso para a súa instalación.

Sala de Coordinación: climatización e limpeza de equipos

Recibimos unha queixa sobre a sucidade acumulada nos teclados dos ordenadores de sala de coordinación, solicitase a súa limpeza periódica.

Tamén se recibiron preguntas sobre o estado do sistema de climatización, parece que funciona mellor pero existes problemas xa que hai xente que apaga o sistema. O SPA informa debería estar sempre aceso por renovación e eficiencia do sistema.

Solicitase información sobre a reposición das cadeiras rotas da Central. Os representantes da dirección expoñen que se esta avaliando un novo modelo para comprar as unidades que son necesarias por rotura das vellas.

David Ferreira, pregunta pola armario que se comprara hai tempo para limpar os cascos, e si se vai instalar na nova sala.

David Ferreira, informa que se esta collendo a costume de fumar na porta de emerxencia coa porta aberta e acaba entrando fume na central sobre toda nas quendas de noite e roga que se soluciona este tema.

Rogos e preguntas.

D. Mario Otero pregunta polo estado do procedemento de agresións. O 11 de febreiro foron enviadas alegacións por escrito sobre o borrador presentado na reunión do comité de Seguridade e Saúde do 4 do mesmo mes, sen noticia algunha sobre o tema dende aquela.

Os representantes da empresa  non teñen outras novas diferentes as xa coñecidas.

D. Mario Otero pregunta polas obras nas instalacións auxiliares na central de coordinación.

Os representantes da empresa  non teñen outras novas diferentes as xa coñecidas.

D. Mario Otero pregunta polas obras na base de Ferrol.

Os representantes da empresa  non teñen outras novas diferentes as xa coñecidas.

D. David Ferreira comunica que xa non hai ducha no 112 e que polo tanto se inclúa unha nova na reforma das instalacións auxiliares na central de coordinación .