Procurar

Enquisa

O novo decreto de transporte abre a porta a que as Ambulancias medicalizadas leven un so técnico de transporte Sanitario. Que che parece esta medida?
 

Novas CIG Saúde

O SERGAS achega un FAQ sobre o novo Pacto de Contratacións , nel  dase resposta ás preguntas máis frecuentes en relación cos apartados de:

I. Elaboración e publicación das novas listaxes

II. Xestión das listaxes

III. Baremos

I. Elaboración e publicación das novas listaxes:

Ø ¿Cándo se publicarán as novas listaxes?

O novo Pacto prevé a xeración das listaxes a 31 de Outubro de 2011, data a partires da cal se procederá á publicación das mesmas.

Ø ¿Quén debe inscribirse nas listaxes?

Todas as persoas interesadas en figurar nelas, tanto si xa constan inscritas nas listaxes anteriores como aquelas que queiran inscribirse por primeira vez.

Ø ¿Cándo se pode inscribir un/a?

Cando sexa publicada a correspondente Resolución no DOG pola que se anunciará no momento oportuno a apertura do proceso de inscrición. A partires desta primeira inscrición nas listaxes, será aberta e permanente.

Ø ¿Cómo será a inscrición nas novas listaxes?

Será telemática e realizarase a través do FIDES, co nome de usuario e contrasinal. O persoal vinculado actualmente ao Servizo Galego de Saúde xa dispón de ditas claves; ao persoal de nova incorporación seranlle facilitadas, logo de rexistrarse no sistema.

Ø ¿Cándo te apuntas nas listaxes?

Cando se publique a resolución pola que se anuncie a apertura do proceso de inscrición

Aqueles que figuren inscritos en virtude das listaxes anteriores, e desexen continuar no sistema de selección temporal, non terán que pagar tasas. Os novos aspirantes terán que pagar as tasas de acordo coa Lei.

Ø ¿Cándo podo actualizar os méritos?

Os aspirantes que xa figuraban nas listaxes anteriores ou que estén vinculados co SERGAS, poderán actualizar os méritos con anterioridade á inscripción e polo tanto cando sexa visible o expedient-e/FIDES. A actualización de méritos poderase realizar con anterioridade á inscrición.

Ø Quero presentarme por primeira vez ás listaxes, ¿cómo teño que facer?

Esperar a que se abra o prazo, inscribirse na páxina web previa autorización pola que se lle dará un usuario e contraseña. Aportará no seu caso a documentación acreditativa de méritos e requisitos que non figuren no expediente-e/FIDES e esperará a validación do expediente.

Ø Xa figuro como aspirante nas listaxes anteriores, ¿cómo teño que facer para inscribirme e actualizar os méritos?

Publicarase a data de inicio do funcionamento do expedient-e/FIDES do profesional onde estará dispoñible a información do currículum e a posibilidade de validación e actualización. Posteriormente publicarase a data coa posibilidade de inscripción. O persoal que figura inscrito con base no pacto anterior, terá que volver a formalizar a inscripción de acordo cos novos procedementos.

A partir da posta en marcha e inicio do novo proceso, este será aberto e permanente.

II. Xestión das listaxes:

Ø ¿Cal é a entrada en vigor da desaparición do descanso obrigatorio?

Cando se publiquen as novas listaxes. De conformidade co novo pacto, prevese a xeración das novas listaxes a 31 outubro 2011.

Mentres non sexan publicadas as novas, seguirá vixente o descanso obrigatorio do Pacto anterior.

Ø ¿Cándo se chama cos novos criterios das listaxes de curta duración?

Cando sexan publicadas as novas listaxes.

Ø ¿O persoal de listaxes de curta duración cubrirá vacacións?

Sempre que pola súa orde na listaxe xeral lle corresponda a cobertura de vinculación de duración igual ou superior a tres meses, pola causa que sexa.

Ø ¿Cal é o nº máximo de días para contratos de curta duración?

Para nomeamentos de duración non superior a 4 días cun máximo de 12 días ao mes.

Ø ¿Cómo se pode realizar o cambio de área por conciliación laboral e familiar?

Será previa solicitude da persoa interesada, acreditando as circunstancias. O/a aspirante poderá cambiar a área á que inicialmente se inscribiu, que será obxecto de resolución administrativa individual.

Ø ¿Cómo é a penalización por renuncia a contratos de tempo parcial?

Se a persoa optou voluntariamente por este tipo de prestación será penalizado polo réxime xeral. O persoal aspirante chamado por indispoñibilidade será penalizado tamén polo réxime xeral

III. Baremos:

Ø ¿Conta a OPE sempre que aprobes ?

Conta coa puntuación obtida na fase de oposición, resultado da suma da puntuación dos exercicios, aprobados ou non, na última OPE convocada e resolta polo Servizo Galego de Saúde, na categoría á que se opta.

Ø ¿E se non me presentei á última OPE?

Nos méritos da fase de oposición figurarán 0 puntos. Se computarán os correspondentes aos outros méritos da fase de concurso que correspondan co baremo da categoría na que te inscribas.

Ø ¿Puntúa pertencer ás listaxes de curta duración?

A puntuación será de 1,5 puntos por ano ata o máximo de 4,5 dentro do apartado de experiencia profesional da categoría correspondente

Ø ¿Qué puntuación lle corresponde ao tempo traballado e qué puntuación aos exercicios?

A que lle asigne no baremo correspondente que será publicado. Formará o baremo os puntos e méritos do último concurso-oposición na categoría pola que se opta. Quén non teña participado, non terá puntuación por exercicios e terá, no seu caso, a correspondente a outros méritos que acredite.

Ø ¿Son compatibles as listaxes do 061 coas demais?

Sí, coas categorías de diplomado sanitario que se detallan no Anexo I

Ø ¿Haberá areas especias?

Sí, as previstas no apartado II.7 do Pacto

Ø ¿Caducan os cursos?

Non, puntúanse de acordo co actual baremo de OPE

Ø ¿Cántos meses fan falta para acadar o máximo de experiencia?

Varía en función de cada categoría según baremo OPE.

Ø ¿Cántas horas fan falta para o tope máximo de cursos?

Varía en función de cada categoría según baremo OPE. Na maioría, con 267 horas.